Monday 06 de May de 2024

Inauguración exposición Expo-Reportaxe o Curtidoiro


Exposición que se inaugura o xoves ás 20.00 h no andar -1 do Pazo da Cultura.

Trátase dunha exposición fotográfica sobre o curtidoiro de Sofán realizada polo fotógrafo José López “Jolope” gañador en cinco ocasións do Premio Especial Carballo no Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

Ao acto acudirán o concelleiro de Cultura e o propio José López, quen nos explicará como foi armando este proxecto.